A chuvia non puido co lume dos Fachós de Castro Caldelas

Castro Caldelas
21 Xaneiro 2019
Cultura
Redacción | 21 de xaneiro de 2019
A intensa chuvia e o frío non puideron co lume dos fachós de Castro Caldelas. A véspera do San Sebastián, o 19 de xaneiro, cadraba este ano nun sábado e foron milleiros de persoas as que se desprazaron á histórica vila ourensá para coñecer algo máis do patrimonio inmaterial da Ribeira Sacra. A maxia das chamas arredor do casco histórico e o lume da palla simbolizaron un ano máis o apego do pobo caldelao a esta súa tradición con orixes en varias teorías e con futuro asegurado, alomenos un tempo, nunha paisaxe viva, en movemento.
Concello