A feira de Chantada, o micromundo dos tratantes de gando

Chantada
5 Febreiro 2020
Sector Primario
Lorena Gallardo/ Humberto Novoa | 7 de febreiro de 2020
As feiras galegas xa non son o que eran, o sector do gando e do agro están nunha crise unida á metaforfose que traen os tempos e a economía. Todo cambia, para ben ou para mal, pero o tempo parece que non pasou cando nos topamos con recunchos de resistencia do rural como é, un par de veces ao mes, o mercado gandeiro de Chantada. Alí, as vacas e os tratantes aínda se congregan para amañar negocios, facendo deste espazo un universo único, que suma ós catro ou cinco mercados de gando que sobrevivindo en toda a comunidade. Tamén aquí, a carón dos postos do polbo, auténtico protagonista das feiras do interior de Galicia, aínda se estreitan as mans e se fan tratos co valor da palabra e coa vara en man. Moitos dos asistentes son nostálxicos da profesión. Chegan a este recuncho da #RibeiraSacra dende moitos puntos de Galicia.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis