A rede de miradoiros de Sober, con Q de Calidade

Sober
12 Xaneiro 2021
Turismo
Redacción | 12 de xaneiro de 2021
Hai uns días a Rede de Miradoiros de Sober foi distinguida coa Q de Calidade e, dende aquí, queremos celebralo con este pequeno vídeo resumo da serie de pezas divulgadas pola Canle Ribeira Sacra dende o seu arranque. O distintivo foi outorgado polo Instituto para la Calidad Turística de España (ICTE) na categoría de Espazo Público Singular. Tan só 5 espazos públicos a nivel estatal contan con este recoñecemento a día de hoxe. A Rede de Miradoiros de Sober está formada por 10 miradoiros sobre o Canón do Sil:

1. MIRADOIRO DE PENA DO CASTELO, DOADE

2. MIRADOIRO DE SOUTO CHAO, DOADE

3. MIRADOIRO DOS CHELOS, AMANDI

4. MIRADOIRO DE CADEIRAS, PINOL

5. MIRADORIO DE SANTIORXO

6. MIRADOIRO DE BOQUEIRIÑO, BOLMENTE

7. MIRADOIRO DE CIVIDADE, BOLMENTE

8. MIRADOIRO DOS CHANCÍS, SAN MARTIÑO DE ANLLO

9. MIRADOIRO DE XABREGA, ANLLO SANTO ESTEVO 

10. MIRADOIRO DE PENA DO CONDE


Concello