Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 28 de enero 2020
A Ribeira Sacra estivo presente dun xeito máis intenso este
ano en FITUR. A Feira Internacional de Turismo de Madrid serviu para reforzar a
candidatura deste territorio ante a UNESCO de cara a ser declarado Patrimonio
da Humanidade en 2021. O stand conxunto de Galicia no encontro mundial do
sector turístico foi o albergue e escaparate dun acto específico dedicado á
Ribeira Sacra e no que participaron autoridades do ámbito local, rexional e
nacional, así como axentes vencellados ao negocio de viaxar. Agora tanto o
Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra como a Xunta quedan pendentes dos últimos
chanzos deste percorrido, que inclúen as visitas dos supervisores da Unesco.
Concello
Ribeira Sacra