'Agora sí, mereces un respiro', slogan da Ribeira Sacra en Fitur 2021
Nesta intervención aproveitaron para poñer en valor
esta paisaxe á que coincidiron en situar como un referente do patrimonio e a natureza. Así, o titular de Cultura,
lembrou que a Ribeira Sacra “é un dos rostros máis recoñecibles e admirables de
Galicia que destaca pola súa capacidade paraconservar os seus valores
excepcionais ao longo de máis de 1.500 anos de historia”. “Trátase dun espazo
único que a ninguén lle sorprende que aspire a converterse en Patrimonio da
Humanidade pola Unesco”, engadiu. Román Rodríguez, que engadiu que a Ribeira
Sacra é “un exemplo de planificación e xestión que conta co firme apoio da
Xunta de Galicia para a conservación do seu patrimonio cultural e artístico”.
Un compromiso que se reflectiría nos preto de 5M€ investidos no arranxo das
igrexas e mosteiros da zona.
Resaltaron, por outra banda a protección paisaxística, co obxectivo de blindar os valores que a fan única” e polos que se agarda sexa declarada Reserva da Biosfera de Galicia e exemplo para o turismo sostible.
A conselleira do Medio Ambiente referiusa que esta sería a sétima Reserva da Biosfera de Galicia xunto coas Serras do Oribio e do Courel. Un territorio que aglutina a 23 concellos de Lugo e Ourense, unidos por un alto valor paisaxístico,cultural e etnográfico e que ofrece ao visitante experiencias turísticas únicas para gozar dunha zona que, entre outras singularidades, é o máximo expoñente da chamada “viticultura heroica”. Por todos os valores que atesoura, a conselleira considerou que este espazo natural é un firme candidato a lograr a tripla coroa por parte da Unesco. Así, referiuse á proclamación hai dous anos do Xeoparque Montañas do Courel, o primeiro e único espazo galego con esta distinción, e avanzou que despois do verán se dará a coñecer o ditame definitivo sobre a candidatura da Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra.
Pola súa parte, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou a aposta da Xunta pola calidade e a sustentabilidade do modelo de turismo galego, que cobran unha especial importancia en territorios como o da Ribeira Sacra, un dos beneficiarios dos dous Plans de Sustentabilidade aprobados polo Estado o ano pasado, xunto co de Santiago de Compostela. Este plan supón un investimento por parte da Xunta de 850.000 euros co obxectivo de posibilitar o desenvolvemento turístico planificado, de calidade e sustentable, que implique á poboación e ao territorio na creación de novos produtos.