Algueira, un caso práctico de relevo xeracional nas viñas de Amandi

Sober
12 Abril 2019
Viño
Redacción | 12 de abril de 2019
O abandono dos viñedos na Ribeira Sacra e a sangría demográfica son dous dos grandes desafíos para o sector do viño. No medio de datos negativos e prognósticos pouco alentadores comezan a xurdir brotes verdes de esperanza relacionados co relevo xeracional nas adegas. A zona de Amandi, en Sober, ten exemplos coma o de Fernando e Fabio González, de Adega Algueira, que foron chamados ao Fórum Gastronómico da Coruña para falar sobre un relevo xeracional en convivencia de espazos, de xeracións e de ilusións.
Concello