Ao pasar por Niñodaguia o primeiro que se ve

Xunqueira de Espadanedo
11 Decembro 2018
Patrimonio
Redacción | 11 de decembro 2018
A olaría de Niñodaguia na comarca de Allariz-Maceda é xunto coa de Buño en Bergantiños unha das máis importantes de Galiza, sendo unha das manifestacións de cerámica tradicional máis coñecidas da Península Ibérica. O vidrado amarelo e o sistema de fundido das asas nas pezas son os principais sinais de identidade desta cerámica de formas simples e tradicionais. Olas, cántaras, pucheiros, cuncas entre moitas outras pezas enchen dende os anos 90 o taller de Agustín Vázquez, a principal olaría da zona. O seus fillos son a cuarta xeración de cachalleiros, ou calleiros, seguindo un legado familiar que se abre no seu taller-tenda no que cun cachiño de terra fan ata ilusións. 
Concello