Apicultura na RibeiraSacra. O mel como alimento, menciña e vida

Chantada
20 Maio 2020
Sector Primario
Redacción | 20 de mayo de 2020
 "O mel é o único alimento que se produce sen acabar con ningunha forma de vida". David Asper é apicultor e produce mel dende Chantada, na #RibeiraSacra. Fala con gran paixón e respecto por un oficio que herdou do seu avó, e moi consciente do papel das abellas na boa saúde do planeta. Este parón do mundo deixou ás laboriosas criaturas facer o seu traballo con intensidade e sen estrés. A pandemia favoreceu a polinización e hoxe pareceunos un día perfecto para amosarvos a tarefa destes insectos e dos apicultores que están detrás do mel de calidade: menciña, alimento e filosofía.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis