Arqueoloxía comunitaria na #RibeiraSacra: Os xacementos de Cereixa e Vilachá

A Pobra do Brollón
20 Agosto 2020
Patrimonio
Lorena Gallardo / Humberto Novoa 20 de agosto de 2020
Que é exactamente a arqueoloxía en comunidade e participativa? Como se indaga no pasado dos habitantes da #RibeiraSacra? Aproximar a arqueoloxía á xente e, sobre todo, á veciñanza, é a filosofía que se proxecta dende hai anos nos xacementos do Castro de Cereixa e dos Conventos na Pobra do Brollón. Coñecemos o modus operandi dun equipo ben amplo e diverso que ven de sacar novas conclusións escarvando no pasado do territorio.
Concello