As adegas da Ribeira Sacra despediron o ano en Trives
Ribeira Sacra
20 Decembro 2018
Viño
Lorena Gallardo | 15 de decembro de 2018
Arredor da mesa é onde se comparten, a miúdo, grandes momentos. Co viño na copa e a conversa durante o xantar é como se reúnen cada ano os adegueiros da Ribeira Sacra polo Nadal. O xantar de confraternidade da Denominación de Orixe Ribeira Sacra elixiu este ano mirar cara a subzona Quiroga-Bibei e foi en Pobra de Trives onde o sector vitivinícola despediu o 2018. É tempo para coñecerse mellor entre o preto dun cento de pequenas e medianas adegas que loitan por seguir mantendo o sector cunha das principais cores que abandeiran este singular territorio. O evento serviu para entregar as medallas do ‘Mondial des Vins Extremes’, un total de trece premios para os tintos e brancos da Ribeira Sacra mellor valorados en Aosta, entre os viños internacionais de áreas de montaña ou elaborados en forte pendente.
CATEGORIA VIÑOS BLANCOS:
Medalla de Ouro
VIÑA VELLA – 2017 S.A.T. Virxen dos Remedios – O Saviñao
MAGA – 2017 Karma do Sil S.L.U. – Monforte de Lemos
Medalla de Prata
VIÑA GAROÑA– 2017 Adegas Viña Garoña S.L. – Chantada
CONDADO DE SEQUEIRAS BRANCO– 2017 Grupo Peago SL– Bilbao
CATEGORIA VIÑOS TINTOS:
Medalla de Ouro
VIÑA MEZQUITA – 2017 José Manuel Vidal López – Sober
VIA ROMANA – 2016 Adega Via Romana – Chantada
Medalla de Prata
VAL DA LENDA – 2017 Victor Manuel Rodríguez López – Sober
ESTRELA – 2017 D´Fran, S.C. – Sober
TEAR – 2017 Adega Tear – Sober
SABATELIVS – 2017 Adegas e Viñedos Lareu S.L. – Chantada
CATEGORIA VIÑOS TINTOS AÑADAS 2015 E ANTERIORES:
Medalla de Ouro
REGINA EXPRESION– 2014 Regina Viarum S.L. – Sober
Medalla de Prata
ALMAMADRE – 2015 Alma das Donas – Pantón
Concello
Ribeira Sacra