Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 1 de marzo de 2019
Comer o caldo de ósos en Taboada é o propio, e facelo na
emblemática Casa Descalzo é unha experiencia auténtica. Mariluz e Olga,
coñecidas na vila como “ as descalzas” polo nome do seu establecemento de
comidas traballan ao longo de todo o ano e son especialistas en varios pratos,
o caldo de ósos é o máis demandado nesta época do ano. Por algo recibiron no
ano 2013 o Premio de Gastronomía de Galicia a ‘Toda unha Vida’ de dedicación aos
fogóns e ao lume. Nós quixemos entrevistalas, e con certa resistencia e moita
humildade, falaron claro coas portas abertas da súa casa e a calidez da súa
cociña. Vai a “ a ciencia do caldo de ósos”.
Concello
Taboada
Saber máis