As últimas vendimas de 2020 na Ribeira Sacra

Chantada
30 Setembro 2020
Viño
Redacción | 30 de setembro de 2020
As últimas vendimas da campaña 2020 na RibeiraSacra desenvólvense estes días entre colleitas familiares e pequenas adegas. Hai menos uva, pero iso non afectará á calidade da nova colleita á espera dos datos oficiais ao peche dos traballos. O sector encaixa o golpe da pandemia e afronta os novos tempos con máis ou menos stock dentro da adega. Como di o viticultor Avelino, algunhas cousas "aínda pasan de heroicas".
Con todo, no día de hoxe coñecemos que a D.O incrementou as súas vendas no territorio estatal e en Galicia no último período. Dende o 1 de agosto do 2019 ao 31 de xullo de 2020 vendéronse 38.759 hectolitros. E é Valencia onde máis se demanda despois de Galicia. Na nosa terra comercializáronse un total de 34.026 hectolitros, sendo a veciñanza ourensá a maior clienta. Na exportación deuse un lixeiro descenso en xeral, pero destaca a suba da demanda en Rusia, Países Baixos e Alemaña grazas ás estratexias de promoción. En total, e neste período, traspararon as fronteiras españolas máis de 1.629 hectolitros de viños da Ribeira Sacra.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis