As Xornadas do Camiño de Inverno porán o foco nas pinturas murais de Nogueira e Pesqueiras

Chantada
31 Agosto 2021
Patrimonio
Redacción | 31 de agosto de 2021
Os singulares templos de Santa María de Nogueira e Santa María de Pesqueiras albergan boa parte da cor do románico da Ribeira Sacra. Como exemplos perfectos do pasado monacal e eclesiástico ao pé do Camiño de Inverno en Chantada serán o fío condutor da XVII Xornadas Científicas do Camiño de Inverno, impulsadas pola Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. Andainas, visitas guiadas, navegación polo Miño, conferencias e gastronomía integran unha programación que terá lugar os días 11 e 12 de setembro.
A Casona de Lemos, casa de cultura de Chantada, reuniu hoxe a integrantes do colectivo Camiños a Chantada pola Ribeira Sacra e a representantes do goberno local para dar a coñecer a programación das Xornadas Científicas que dende hai xa 18 anos serven para investigar e divulgar os valores desta ruta xacobea. O alcalde de Chantada, Manuel Varela; a concelleira de Turismo, Pamela Fernández, e a presidenta deste colectivo que loitou durante décadas pola posta en valor do Camiño, Aida Menéndez, animaron a todas as persoas que o desexen a participar nestas actividades. O programa intinerante volve este ano ao municipio de Chantada para percorrer o Camiño a pé e profundar no patrimonio que a cada paso alberga tesouros como as pinturas murais dos templos que salpican a Ribeira Sacra.

A proposta do programa é a seguinte:

DÍA 11

8.30h Saída dende o Parque dos Condes (Monforte) para Chantada.

9.00h. Chegada a Chantada e saída a pé dende a praza de Santa Ana cara a Ermida do Faro (13,3 kms) con Parada en Penasillás.

13.00h Regreso a Chantada e xantar degustación de produtos típicos da zona no Mesón Mogay.

16.00 h Saída en bus cara a igrexa de Santa María de Nogueira

16.30h. Visita guiada ás pinturas murais de Santa María de Pesqueiras con Máis que Románico.

18.30h. Regreso a Chantada

19.30h. Presentación no casino de Chantada do IV Anuario ‘Vía Jacobitana camino de Invierno’ con Víctor Vázquez Portomeñe, Javier Medela, Aida Menéndez e un/ unha representante do Concello de Chantada. Viño da D.O. Ribeira Sacra.

20.30h. Regreso a Monforte ( para as persoas participantes que se desprazaran dende esta localidade)

DÍA 12

8.30h Saída en bus dende o parque dos Condes de Monforte cara a Chantada

9.00h. Chegada a Chantada e saída a pé dende a Casa da Cultura de Chantada ata Belesar (4,7 quilómetros). Parada e visita guiada a Vía Romana con cata comentada.

12.00 Chegada a Belesar e saída en bus cara á igrexa de Santa María de Pesqueiras.

12.30h. Visita guiada ás pinturas murais de Santa María de Pesqueiras con Máis que Románico

14.30h Xantar no mesón –parrillada A Cova

16.30h. Percorrido en embarcación polo río Miño deica a fervenza de Augacaída con ‘Quinta Sacra’ e visita guiada.

18.30h Finalización das Xornadas

Colaboran nesta acción a Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22, o Concello de Chantada, o Casino de Chantada e as firmas Quinta Sacra e Vía Romana.

Só hai 30 prazas e o prezo son 30 euros para as actividades das dúas xornadas. As inscricións deben realizarse a través dos teléfonos 608 575 695/ 630 508 872/ 686 732393. O prezo para participar nas actividades das dúas xornadas é de 30 euros e para unha soa o importe é de 20 euros.

Máis información en caminodeinverno.com. 

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis