Avances no Plan de Ordenación de Medio Físico de San Fiz de Asma

Chantada
27 Xaneiro 2021
Desenvolvemento
Redacción | 27 de xaneiro de 2021
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda emitiu este 27 de xaneiro o Informe Ambiental Estratéxico do Plan de Ordenación do Medio Físico da Parroquia de San Fiz de Asma; co que se da por concluída a tramitación ambiental deste proxecto. O regulamento urbanístico e de protección da zona de San Fiz de Asma, en Chantada, é un asunto de especial interese e sensibilidade por parte da veciñanza en varios concellos da Ribeira Sacra. Trátase dunha das zonas con maior carga urbanística dentro da ribeira do Miño, e ao mesmo tempo das de maior actividade vitivinícola.
O regulamento urbanístico e de protección da zona de San Fiz de Asma, en Chantada, é un asunto de especial interese por parte da comunidade de varios concellos da Ribeira Sacra. Trátase dunha das zonas con maior carga urbanística dentro da ribeira do Miño, e ao mesmo tempo de maior actividade vitivinícola. Son dous factores moitas veces unidos, pero non exentos de debate e tensión entre a actividade humana e a protección do medio e a paisaxe. 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda emitiu este 26 de xaneiro o Informe Ambiental Estratéxico do Plan de Ordenación do Medio Físico da Parroquia de San Fiz de Asma; co que se da por concluída a tramitación ambiental deste proxecto. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático vén de asinar a resolución relativa a esta iniciativa na que se recoñecería, segundo a información da Xunta, a combinación da protección do patrimonio natural e cultural deste ámbito co mantemento dunha economía baseada na agricultura e os recursos culturais e turísticos. 
Dende Medio Ambiente destacan o “mantementoa dos usos tradicionais do espazo agrario, a correcta integración paisaxística das construcións existentes e futuras, así como das instalacións asociadas (accesos, peches ou plataformas...) e a conservación da estrutura parcelaria en relación ao viario e ao cultivo de vide en socalcos”.

Sinalan que a identidade desta paisaxe céntrase nun gran contraste marcado pola profunda fenda que supoñen os cursos fluviais no territorio, así como a forte pendente dos seus vales, que presentan grandes inclinacións e mesmo   paredes   verticais,  e   ladeiras   que   rematan   contra   zonas   chairas   con pendentes inferiores ao 16º. As súas elevadas pendentes “permiten unhas vantaxosas condicións de exposición a unha máis eficaz orientación ao sol e a dispoñibilidade natural para crear un solo artificial, coa modificación da súa superficie natural, distribuída en socalcos que empregan a mesma pedra en pequenas terrazas horizontais, o que crea o substrato ideal para desenvolver unha agricultura de vides e oliveiras tamén favorables ás condicións climáticas”. Os asentamentos e vivendas tamén usan os mesmos recursos, xa que elixen nun terreo accidentado aqueles lugares máis propicios, sexa próximos ao fondo do val ou nas ladeiras en función da posibilidade das pendentes e da orientación. 
Un plan de ordenación do medio físico contería as determinacións relativas ás características   diferenciais   do   ámbito con “ valores   naturais   e potencialidades como soporte de actividades de carácter agropecuario, forestal, ecolóxico, recreativo, cultural ou científico". 

Pequenas adaptacións estéticas e actuacións maiores
Neste caso concreto do POMF de San Fiz de   Asma   recóllense     unha   serie   de   actuacións   a   desenvolver agrupadas segundo seu nivel de intervención. 
No nivel básico de intervención (cun horizonte de entre un a tres anos), a nota da xunta salienta que se levarán a cabo “pequenas   adaptacións   estéticas   de   baixa   entidade   en   construcións, infraestruturas e viario, actuacións de integración paisaxística e redución do impacto visual das construcións,  infraestruturas e viarios ou a desmontaxe e recuperación ambiental de construcións, infraestruturas e viarios que se atopen en zona de máxima protección e non poidan ser adaptadas esteticamente ou integradas paisaxísticamente para solucionar a súa problemática”.
Doutra banda.  tamén   se   recollen novos   proxectos   dentro   do   nivel   ampliado, cun horizonte de execución de entre un a cinco anos, como son por exemplo: a recuperación do camiño peonil Chantada – San Fiz; a adecuación de catro miradoiros, que deberán seguir as   recomendacións   da   Guía   de   boas   prácticas   en   intervencións   en   espazos públicos,  e   a   creación   dunha   área   de   acollida,   aparcadoiro   disuasorio   e intercambiador, así como a súa restauración paisaxística”. Tamén se reflicten a recuperación do Castro da Ribada, da paisaxe socalcada e viñedos sobre un túnel de nova construción, e da canteira xerada coa construción da presa de Belesar.

Publicación no D.O.G
A resolución foi asinada este mércores, 27 de xaneiro, e ten que ser publicada aínda no Diario Oficial de Galicia. Nela, avanza medio Ambiente, que se van enumerar unha serie de determinacións que terían o fin de “mellorar a integración ambiental do plan, como incluír disposicións específicas para regular a integración de elementos accesorios ás edificacións (pérgolas,
plataformas, mobiliario accesorio, etc.), a instalación de elementos de produción enerxética   ou   calefacción   (paneis   solares   ou   fotovoltaicos,   pequenos   muíños aeroxeneradores   ou   caldeiras   de   calquera   tipo,   etc.),   así   como   sobre   as instalacións   relacionadas   co   uso   agrícola   dos   terreos   (cubricións   tipo invernadoiro,   valados   cinexéticos,   etc.)   e   dos   sistemas   de   abastecemento   e saneamento e recollida das augas de escorrentas (depósitos, conducións á vista, etc.).

Protección forestal
Tamén se sinala a “necesidade de garantir a protección das masas arboradas   de   carácter   autóctono   establecendo   as   medidas   necesarias   para contribuír   á   súa   conservación   e   posta   en   valor,   así   como   favorecer   a   súa funcionalidade ligada á conectividade entre ecosistemas e biótopos existentes”.

O POMFde San Fiz é un dos dez proxectos que  o goberno da Xunta recolle no Plan de Acción Estratéxico para a Ribeira Sacra. A Xunta impulsa desde o ano 2019 este proxecto  que se sumaría a outros en materia de protección ambiental. Enumeran como fitos importantes e recentes a presentación da Guía de árbores e formacións singulares da Ribeira Sacra, ou o Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sacra, o segundo que se firma en Galicia. Outros proxectos concluídos son a declaración da Área Integral da Ribeira Sacra e convocatoria de axudas, a recuperación   dos   espazos   públicos   abeiro   do   Plan Urbe;  a candidatura a reserva da biosfera da Ribeira Sacra e serras do Oribio e Courel.

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis