Balanceo no bambán do solpor

Nogueira de Ramuín
4 Setembro 2020
Turismo
Redacción | 4 de setembro de 2020
No percorrido polos sendeiros de Nogueira de Ramuín contemplamos un dos solpores máis fermosos e fotografados da #RibeiraSacra, dende o Bambán do Solpor. Máis aló da procura da foto e da caducidade dun disparo directo ás redes sociais, hai lugares verdadeiramente máxicos nos que paga a pena pararse, ollar, respirar e gardar na memoria. O interior da nosa terra está cheo de espazos magnéticos nos que os nosos ancestros xa asentaban as súas vidas, os seus ritos e as súas estratexias. Nun campo de mámoas temos hoxe espazos destinados a outros usos e o turismo tranquilo debe primar no balanceo entre o desenvolvemento económico e o respecto polo patrimonio e polo medio natural. Niso pensamos mentres gozamos deste asento.
Concello