Buscan máis evidencias do poboado romano de Proendos

Sober
21 Outubro 2019
Patrimonio
Redacción | 21 de outubro de 2019
O Concello de Sober busca unha antiga vila romana na aldea de Proendos. Hoxe comezaron os traballos de prospección arqueolóxica a carón da igrexa. Esta é unha zona de gran valor arqueolóxico na que xa foi documentado un xacemento e unha tumba do alto medievo. Fran Alonso, director da prospección, explica que o que esperan atopar é “unha vila romana” pola abundancia de material romano que xa ten sido documentado na zona.
Novos pasos na procura dunha antiga vila romana na aldea de Proendos. Hoxe comezaron os traballos de prospección arqueolóxica a carón da igrexa. A empresa encargada da prospección, Estela Arqueoloxía e Patrimonio probou con xeorradar e un gradiómetro para estudar a máis axeitada para a superficien e substrato onde se concentrará a intervención. Esta é unha zona de gran valor arqueolóxico na que xa foi documentado un xacemento e unha tumba do alto medievo. Fran Alonso, director da prospección, explica que o que esperan atopar é “unha vila romana” pola abundancia de material romano que xa ten sido documentado na zona. As prospeccións levaranse a cabo nunha área dunhas cinco hectáreas partindo da contorna da igrexa parroquial de Santa María, de orixe románico. Suponse que nesta zona pode estar concentrada a maior parte dos restos da antiga poboación. 

Concello