Campo de Flores, obra colectiva e ensaio sobre a capacidade creativa

Chantada
14 Febreiro 2019
Cultura
Redacción | 14 de febreiro de 2019
A Casa da Cultura de Chantada é este mes un Campo de Flores. É o fermoso resultado dun  “ensaio sobre a capacidade creativa” levado a cabo dende o obradoiro artístico Espazo C e no que participaron nenas e nenos, familias e adultos en sesión diferenciadas no mes de decembro. O experimento, guiado pola ilustradora chantadina Cristina Ouro, foi unha proposta artística coa única premisa de saber pintar puntos e círculos. Papel en branco, témperas e pincel como ferramentas para a creación artística universal que amosan, sobre todo, similitudes, e tamén diferenzas entre o que calquera nena ou neno e adulto expresan a partir dos mesmos trazos. Unha composición artística colectiva que levada a unha mostra pública cobra aínda máis valor, e que terán a oportunidade de coñecer tamén a través de visitas guiadas este sábado, 16 de  febreiro, ás 11.30 h., e o sábado 23 á mesma hora.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis