Carlos Núñez levou a súa música ao 'espazo máxico' de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Nogueira de Ramuín
26 Xullo 2019
Cultura
Redacción | 26 de xullo de 2019
O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil abriu este 25 de xullo a xira 'Lugares Máxicos' do músico Carlos Núñez. O mosteiro, recuncho simbólico da Ribeira Sacra, foi o mellor escenario para o arranque dos concertos do artista en espazos monumentais da provincia ourensá que contan co apoio da Deputación. Cantigas medievais, fusión de sons e instrumentos de varias culturas, tradición galega e céltica e temas imprescindibles como a muiñeira de Chantada que Núñez levou polo mundo, soaron o Día de Galicia entre os muros sacros.
Concello