Cata de Cualificación da colleita 2018 na Ribeira Sacra. Resultado: 'Excelente'

Paradela
22 Febreiro 2019
Viño
Redacción | 22 de febreiro de 2019
A Cata de Cualificación da última colleita, a de 2018, na Ribeira Sacra valorou a calidade media dos viños de 'Excelente' por segundo ano consecutivo. O venres, 22 de febreiro, celebrouse no Centro Sociocultural de Paradela este proceso habitual para conceder  unha valoración media inicial. A puntuación exacta foi de 8, 1 tomando como representativas 10 referencias das 5 sobzonas produtoras. Dez catadores foron os encargados de puntuar os viños de pequenas e grandes adegas, en mostras de depósito e xa no mercado.
Integraban o panel de cata:

Antonio Raluy, membro da Asociación Galega de Catadores 

Mateo Seoane Corral, membro da Asociación Sumilleres de Gallaecia

Argimiro Levoso Touceda, membro da Asociación Galega de Enólogos

Jesús Rodríguez Carreiras, membro da Asociación Vitislucus, Expertos en Análise Sensorial e Enoturismo e Profesor de Servicios en Restauración na Escola de Hostalería de Lugo "IES Sanxiallo"

Alfonso Losada Quiroga, experto en Análise Sensorial de Viños

Francisco Javier Rodríguez Medela, membro do panel del cata del C.R.D.O.R.S.

José María Martínez Alonso, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.

José María Martínez Matos, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.

Juan Angel Martínez, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.

Xesús Verao Pérez, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.

Concello