Chantada reivindicará o seu pasado na noite do Folión

Chantada
14 Agosto 2019
Patrimonio
Redacción | 14 de agosto de 2019
A vila de Chantada revive a súa historia e o seu pasado máis recente unha noite ao ano. Esa é a do Folión de Carros, que se celebra nesta ocasión o 24 de agosto. A veciñanza viaxa décadas atrás e ás veces algún século a través desta gran festa da historia, da identidade rural e vilega e da etnografía e antropoloxía. Mulleres, homes e nenas e nenos encárganse de investigar as historias locais e reivindicalas a través da súa recreación a través dun desfile de carros do país ou plataformas nas que sucede, por unhas horas, o que xa sucedeu nalgún tempo. A implicación do pobo chama a atención nun evento que foi declarado Festa de Interese Turístico e que é unha das manifestacións culturais máis singulares da Ribeira Sacra. A festa esténdese durante os días previos nos que o traballo comunitario axuda a levantar as construccións e reconstruír así as raíces.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis