Cogomelos ao detalle na Fábrica da Luz

Parada de Sil
16 Novembro 2018
Ciencia
Redacción | 16 de novembro de 2018 
A  Ribeira Sacra non só é paisaxe fluvial viñedos e románico. A riqueza dos bosques autóctonos faina territorio micolóxico excepcional e iso sábeno moi ben en Parada de Sil. Para coñecer e recoñecer os cogomelos nada mellor que facelo ao detalle. A Fábrica da Luz convidou a descubrir doutro xeito o apaixonante mundo invisible dos fungos e centrou as súas Xornadas Micolóxicas na microscopia dos cogomelos. Claro que non faltaron as  cestas, a saída ao monte e a degustación que pedía un día completo de inmersión no micromundo e no gran mundo da micoloxía. 
Concello