De Ferreira a Santo Estevo. Un paseo patrimonial: do natural ao industrial en terras de románico.

Pantón
17 Xullo 2019
Patrimonio
Turismo
Lorena Gallardo/ Humberto Novoa | 15 de junio de 2019
Poucas rutas condensan tan ben en tan poucos quilómetros a mestura das belezas patrimoniais da Ribeira Sacra. A ruta pola vella estrada dende o Castro de Ferreira, capital do municipio pantonés, deica o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil vai amosando a carón do río e do encoro a vida rural das aldeas luguesas camiño á Ribeira Sacra ourensá. Logo se percibe en marcha o territorio natural máis puro e pétreo dos canóns e a súa transformación a través do poder hidráulico e os sucos ferroviarios mesturados con outras fotografías con encanto como a do abandono no poboado da Chaira. Unha ruta de metafóricas pontes de unión sobre os mares interiores de Galicia navegables e turísticos para ascender cara a grandiosidade do patrimonio monástico de Santo Estevo. Un resumo gráfico coas luces e as sombras do transcorrer histórico da Ribeira Sacra ao volante.
Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis