Destapan no Castro de San Lourenzo outro esqueleto medieval completo

A Pobra do Brollón
14 Agosto 2019
Patrimonio
Redacción | 14 agosto de 2019
O Castro de San Lourenzo, na parroquia guímara de Cereixa, é un dos grandes exemplos de arqueoloxía en comunidade, pioneiro na #RibeiraSacra. Este 15 de agosto dase por rematada a quinta campaña de escavacións e traballo científico sobre este castro mineiro romano que foi reocupado e desocupado en sucesivas ocasións no Medievo como centro relixioso. O afamado esquelete Atilano aparecera na pasada campaña neste enterramento, pero agora saiulle posiblemente unha compañeira: un conxunto óseo practicamente completo que é unha xoia do Alto Medievo preparada xa para achegar valiosa información histórica. A carón das sorpresas que xa vivimos en Vilachá nos Conventos, baixo a dirección do arqueólogo Xurxo Ayán, un equipo de expertos e voluntariado dun campo de traballo internacional (xunto aos veciños/as) atopámonos de novo cun exitoso resultado. Outro achádego fundamental para desentrañar as orixes do que hoxe chamamos Ribeira Sacra.
Concello