En barca á última viña que queda en Bolmente

Sober
11 Outubro 2018
Viño
Redacción | 11 de outubro 2018
O 70% da superficie desta viña da Cividade da familia Verao no concello de Sober é pedra e o resto anacos de terra nos que medran cepas vellas. Traballan dende os S. XVIII un viñedo no que o único acceso é o río e hai que chegar en barca. Por iso son testemuño da perda de terras de cultivo nesta zona: a súa é a última viña que queda na parroquia de Bolmente. Suso Verao fálanos da importancia do xesto de conservar este viñedo, das pequenas adegas que forman a Ribeira Sacra e de experiencias produtivas alternativas á acumulación dentro da economía agraria. En Cividade, a parte de paisaxe, aínda hai territorio. 
Concello