Enfoques sobre a viticultura na mostra fotográfica 'Viña Sacra'

Chantada
7 Marzo 2019
Cultura
Redacción | 7 de marzo de 2019
As fotografías resultado do II Concurso Fotográfico Christina Snellman ‘Viña Sacra’ xa están expostas no auditorio de Chantada. Trátase dunha escolma das obras presentadas ao certame promovido pola Asoc. Amigos de Manuel Jorge de Chantada e que desta volta teñen como tema o mundo do viño e a viticultura na Ribeira Sacra. Os gañadores e gañadoras participaron no acto de aprertura desta mostra e recibiron os seus premios nas distintas categorías. A acción deste colectivo pretende promover a creación cultural e artística e a participación da veciñanza en distintos aspectos da cultura.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis