Fernando Castiñeiras, a historia dunha viaxe profunda e sen plan definido

Chantada
2 Xaneiro 2020
Social
Turismo
Lorena Gallardo/ Humberto Novoa| 2 de xaneiro de 2020
Hai moitos xeitos de viaxar e moitos estilos de viaxeiros/as. Sen dúbida, o chantadino Fernando Castiñeiras, non é un deses viaxeiros de ‘selfie’ ou que pasan polos lugares sen que os lugares pasen por eles. Cando alguén ten claro que ás veces o mellor plan é non ter plan xa delata unha actitude aventureira que traspasa os límites dos medos. As notas diarias dunha viaxe transformadora pola América do Sur son o argumento para compartir un periplo en forma literaria nun libro de viaxes moi diferente, no que as vivencias, as emocións e as xentes son as que fan os lugares. Este xornalista e profesor de lingua enganchado á vida nómada fálanos de ‘El plan es no tener plan. Viaje sin Rumbo por Sudamérica’, de regreso a Chantada.

 

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis