Iker Jiménez reivindica o misterio de San Pedro de Rocas

Esgos
17 Abril 2019
Patrimonio
Redacción | 17 de abril de 2019
San Pedro de Rocas é un lugar máxico, iso percíbese segundo se respira o seu contorno e se pisa a rocha sobre a que se construíu o mosteiro. Recuncho espiritual de anacoretas e eremitas situado nas orixes do que hoxe coñecemos como Ribeira Sacra;  emprazado no municipio de Esgos foi estes días novamente lugar de actualidade dende as investigacións científicas deica os misterios máis atractivos para o recoñecido “xornalista do descoñecido”, Iker Jiménez. O presentador televisivo foi levado, durante a súa participación na ICC Week de Ourense,  a somerxerse, da man do Presidente da Deputación, José Manuel Baltar, nas entrañas deste convento e no contorno das súas emblemáticas tumbas antropomorfas.
Concello