Lugo Ven! a provincia preséntase en Fitur con novas ferramentas dixitais.

Ribeira Sacra
27 Xaneiro 2020
Turismo
Redacción | 27 de enero de 2020
A provincia de Lugo presentouse no seu conxunto na Feira Internacional de Turismo  a través da Deputación de Lugo. As novas tecnoloxías foron as protagonistas, dúas novas aplicacións gratuítas para dispositivos móbiles: Inventrip e Lugo 360 foron o formato para vender un territorio diverso de norte a sur e ás veces descoñecido. O viaxeiro dixital ten axuda nestas ferramentas para organizar a viaxe a través dos dispositivos electrónicos. O acto, que estivo conducido polo recoñecido meteorólogo lucense Martín Barreiro, contou coa presencia de blogueiros e xornalistas especializados e nel participou entre outras autoridades o Pdte. do organismo provincial José Tomé.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra