Monforte fixo unha multitudinaria festa do seu pasado medieval

Monforte de Lemos
22 Abril 2019
Turismo
Redacción | 22 de abril de 2019
Monforte de Lemos, e sobre todo o seu casco antigo, festexaron esta fin de semana o seu pasado medieval con máis intensidade ca nunca. A XVII edición da Feira Medieval non deixou oco para un alfinete nas rúas do contorno da Praza de España e arredor da antiga muralla. A localidade do Cabe vestiuse para a ocasión nun crecente gusto pola ambientación nos séculos do Medievo para recibir aos/ás numerosos/as visitantes que os días 20 e 21 de abril participaron de arredor dunha trintena de actividades proxectadas e do lecer e esparexemento, máis saboroso aínda coincidindo coas vacacións da Semana santa e co bo tempo.
Concello