Nace a revista cultural 'A auga do Mollón'

A Pobra do Brollón
22 Xaneiro 2019
Cultura
Redacción | 22 xaneiro de 2019
Unha revista para recoller a vida cultural e iniciativas sociais da Pobra do Brollón. Iso é ‘A auga do Mollón’, publicación semestral de carácter municipal que quere ser ao tempo testemuña e fonte de dinamización. O primeiro número foi presentado por todo o alto nos pasados días na casa da cultura Olga Novo, e no acto non faltou a poesía, a música, a historia e o repaso á acción que parte da veciñanza e que conforma a identidade local. Algo se move na terra dos Guímaros e hai que contalo máis aló das redes, tamén no papel.
Concello