Natureza e patrimonio no Trail do Castelo

Quiroga
21 Febreiro 2019
Deporte
Redacción | 16 de febreiro de 2019
Case 700 corredores participaron o sábado, 16 de febreiro, na que xa é a quinta edición do Trail do Castelo, en Quiroga. Mañá soleada e gañas de respirar natureza e paisaxe de ribeira e de montaña foron os factores perfectos para unha xornada dura pero moi desfrutada por deportistas de distintos niveis afeccionados ás carreiras campo a través ou mesmo ás andainas. Esforzo recompensado na meta e no transcurso de paraxes coma o Castelo das Novais e diversos tramos do Camiño de Inverno. Pendentes, distintos solos, auga, pedra, aldeas tradicionais da montaña do Courel e catro distancias a escoller  compoñen a singularidade deste evento deportivo que integra, xunto co Trail do Lor, o circuito Quiroga Trail Challenge.
Concello