O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra traballa agora na mellora da mobilidade no xeodestino

Monforte de Lemos
1 Xullo 2021
Turismo
Redacción | 1 de xullo de 2021
A Ribeira Sacra apunta a unha elevada ocupación este verán se a tendencia e os datos non cambian. A xerente do Consorcio de Turismo, Alexandra Seara, sinalou que “ dende o punto de vista do turismo, o aprazamento da candidatura non supuxo unha afección directa sobre o nivel de visitas, estamos batendo records”. Deste xeito, dixo Seara, a promoción está feita en boa parte, pero agora cómpre centrarse na xestión da mobilidade e en traballar pola sustentabilidade da Ribeira Sacra como destino turístico.
Concello