O dereito ao rural nas Xornadas Rural Imaxinado

18 Decembro 2018
Sector Primario
Social
Redacción | 18 de decembro 2018
Vilar de Santos na Limia foi o lugar elixido pola Rede Revolta de Agroecoloxía para a segunda edición de Rural Imaxinado, celebrada o 9 de novembro. Unha xornada intensa chea de persoas, proxectos e ideas en torno á historia e economía agrarias e á enxeñería agroforestal. Organizadas en mesas de debate e estudos de caso as sesións foron conseguindo abrir a Academia á sociedade e proxectar cos e coas asistentes un rural vivo, sustentábel e con futuro.
Somos fillas e fillos da aldea. A Rede Revolta de Agroecoloxía da conta disto e ten como obxectivo de atender ás problemáticas e oportunidades de futuro do rural. A súa malla abrangue todo o país e está formada por 8 grupos de investigación en economía ecolóxica, historia agraria, historia económica e enxeñería agroforestal da USC e a U. Vigo. Reconstruír a fenda coa sociedade é un dos grandes retos da Academia na actualidade e unha das prioridades da Rede Revolta. Desta necesidade parte o encontro Rural Imaxinado, un espazo de encontro e debate entre persoas estudosas da economía e historia agraria, labregas, activistas, emprendedores/as ocupadas na ruralidade. Actas e información aquí.

Este contido abre unha liña de traballo nova da Canle Ribeira Sacra, 'Movendo os marcos'. Atende á necesidade de tratar o territorio non fechado en si mesmo senon nas súas interconexións con outros. A Canle amplía así a súa cobertura a proxectos ou eventos que aínda que non se desenvolven stricto senso na Ribeira Sacra entroncan coas liñas estratéxicas do medio.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra