O ferreiro que aínda fai o carbón das uces na Ribeira Sacra

Esgos
15 Novembro 2019
Patrimonio
Lorena Gallardo | 15 de novembro de 2019
Hai quen aínda fai na casa o carbón das uces? Os breixos, torgos, torgas ou urces do noso monte dan o carbón vexetal natural que produce unha calor intensa, especial, doutra calidade, que era o que se usaba tradicionalmente en moitos oficios. O noso ferreiro da Ribeira Sacra, amósanos unha vez máis como mima o seu oficio e aínda acode aos montes de Esgos para buscar a materia prima do carbón que fai coas súas mans. Con el logra caldear ou soldar a lume para elaborar pezas especiais na súa fragua, na que se traballa, como di Carlos Carballo, "á moda vella", para continuar o oficio ambulante nas feiras da contorna. Tal e como fixeran os seus antergos.

Concello