O Ourense Rural Summit debate, na Ribeira Sacra, sobre o reto demográfico

Nogueira de Ramuín
29 Outubro 2019
Social
Desenvolvemento
Redacción | 29 de outubro 2019
A Ribeira Sacra é estes días sede dun congreso mundial e científico sobre o rural. O Ourense Rural Summit celébrase do 28 ao 31 de outubro entre o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil e o mosteiro de Oseira. Conferencias, rutas, debates sobre rural, patrimonio, forestal, agricultura, economías, saúde, medio ambiente ou comunicación con 130 expertos internacionais sobre os 17 obxectivos de sustentabilidade marcados pola ONU. O reto demográfico é unha das principais preocupacións deste cumio e tamén de Partenalia, a asociación de gobernos provinciais europeos, presida actualmente polo máximo mandatario da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. O encontro está impulsado polo Observatory of Rural Research de Ourense-RIO- ,da Deputación de Ourense e da Universidade de Vigo, pretende marcar liñas de futuro e oportunidades para a provincia e para todo o rural.
Concello