Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 29 de marzo de 2019
Na Pobra do Brollón seguen divulgando e coñecendo mellor o
seu patrimonio. A ciencia, a veciñanza e a cultura únense no singular proxecto
Adegas da Memoria. Trátase dun compendio de ideas encamiñadas a afondar e
escavar na terra e na memoria e imaxinario da parroquia de Vilachá. Tamén nas
orixes do que hoxe chamamos a Ribeira Sacra . Para tal aventura contan co apoio
do CSIC e de máis de 16 investigadores en distintos eidos. Será unha
convivencia da etnografía, a arqueoloxía, a edafoloxía e a creatividade
audiovisual que prentende contar coa veciñanza dende o minuto un.
Concello