O rural entende, no Festival Agrocuir da Ulloa

Ribeira Sacra
3 Setembro 2019
Social
Redacción| 3 de setembro de 2019
O Festival AgroCuir da Ulloa está consolidado, é único, medra e cada vez implica a máis veciñas e veciños. Esta cita converteu Monterroso na capital mundial Agrocuir esta fin de semana demostrando,  outra vez, que o rural galego "entende". O festival, que pasou de denominarse agrogay a agrocuir, cunha intención máis integradora, festexa e reivindica as posibilidades de existir, sen xénero que determine se es home, muller, lesbiana, gay, aldeán, urbanita, travesti, transexual, hetero ou calquera das etiquetas que adopta a sociedade. Este é o fin da festa que tamén quere poñer de manifesto unha vida posible e sustentable dende o rural.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra