Concellos
Data inicial
Data final
Lorena Gallardo | 21 de maio de 2019
Moitas carabuñas deixou este ano a feira das cereixas e do
viño de Belesar. Habíaas, e máis que houbera se vendían. A localidade entre os
dous concellos- O Saviñao e Chantada- e ás dúas beiras do Miño lociu os seus
mellores froitos cun vermello que brillou durante os tres días nos que se
prolongou a reunión nunha das aldeíñas máis sigulares da Ribeira Sacra. Non
faltaron as cores do viño nas catro adegas presentes nunha feira pequena,
sinxela pero única; sen máis adorno e
decorado que a primavera exuberante da ribeira.
Concello