O traballo dos resineiros amosa outras vidas para o monte na Ribeira Sacra

Pantón
21 Xuño 2019
Sector Primario
Redacción | 21 de xuño de 2019
 Xián, Lucas e Fran coñecen cada piñeiro do Monte Ferroedo, en Pantón. Son os resineiros que chegaron hai uns meses á Ribeira Sacra para lembrarnos que no monte hai máis vida aínda da que xa coñecemos. Se algo ten o noso territorio é monte. Ademais da ribeira, un monte cunha xestión escasa habitualmente e ás veces irrespetuosa. O monte foi sempre vida e recurso nesta terra e cada piñeiro maduro repónse das pequenas feridas mentres a nova actividade no bosque é sustento para esta nova veciñanza dun rural en despoboamento. Doutra banda, a actividade da resinación axuda a previr dalgún xeito os temidos lumes e convive con outros usos forestais do monte veciñal. Coñecemos en profundidade o traballo dos resineiros, a súa filosofía, os usos industriais desta materia, e unha iniciativa que reivindica outras olladas cara o futuro sustentable do noso monte.
Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis