Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 22 de marzo de 2019
O cambio climático preocupa na Ribeira Sacra. As
consecuencias da seca, da suba das temperaturas e das mundanzas nas pragas que
afectan á vide xa parecen estar aquí pese a que se perciben lentamente polos
viticultores e viticultoras. Este tema ocupou a un gran número de profesionais
e outras persoas relacionadas doutros xeitos coa produción de viño neste
territorio durante unha xornada celebrada no edificio sociocultural de Pantón.
Foi nun encontro organizado dende o Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira
Sacra- Courel no que tivo moito que ver o Consello Regulador da D.O. Xente experta de Galicia e da investigación en universidades españolas e organismos internacionais relacionados co viño analizaron as claves desta realidade e os xeitos de
atallala entre as muras.
Concello
Pantón
Saber máis