O futuro forxado na tradición: Carlos Carballo, o ferreiro de Esgos

Esgos
2 Abril 2019
Patrimonio
Redacción | 19 de abril de 2019
A Ribeira Sacra ourensá foi en tempos ventre de singulares oficios tradicionais e ambulantes coma os dos afiadores, quincalleiros, peneireiros ou cordeleiros. No concello de Esgos resiste en activo hoxe un artesán do ferro. Carlos Carballo é fillo e neto de afiadores pero el adoptou o oficio de Ferreiro. Especializado na ferramenta de corte manten a filosofía ambulante destes oficios e percorre as feiras desta parte de Galicia.  Os avances técnicos conviven na súa fragua coas maneiras tradicionais e instrumentos imprescindibles como a moa ou o carbón vexetal da zona. Abriunos as portas do seu obradoiro coas mans afeitas a sacar de aquí a mellor ferramenta de corte.

[Editado 8/04/19]
Tamén nos ensinou as diferenzas que existen entre as ferramentas das distintas zonas. 
[Editado 2/5/19]
Como bo coñecedor delas, o ferreiro de Esgos reflexiona sobre a morte lenta das feiras mensuais e do rural por causa da sangría demográfica
Concello