Os runners fixeron a súa homenaxe ao románico na carreira popular de Pantón.

Pantón
29 Maio 2019
Deporte
Redacción | 29 de maio de 2019
Boa temperatura, tarde soleada e unha vila histórica para visitar foron a combinación perfecta para levar a ducias de corredores a poñer unha perna diante doutra á mellor velocidade posible nunha unha das carreiras populares con maior tradición da Ribeira Sacra, a de Ferreira, en Pantón. 'Runners' chegados de todas as provincias e fundamentalmente dos municipios da comarca fixeron a súa homenaxe deportiva ao coñecido patrimonio románico de Pantón. A mestura da reivindicación cultural e patrimonial do municipio xunto coa promoción de hábitos de vida saudables son a marca desta proba, curta perto intensa, na que participan xentes de todas as idades dende hai nada menos ca 19 anos e que nacía precisamente co fin da defensa do patrimonio.
Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis