Promo: 'A Canle Ribeira Sacra estivo en Fitur 2019'

Ribeira Sacra
31 Xaneiro 2019
Turismo
Redacción | 31 de xaneiro de 2019
Vídeo promocional do paso da Canle Ribeira Sacra pola Feira Internacional de Turismo de Madrid para dar cobertura ás accións relacionadas coa área da Ribeira Sacra e Galicia. O noso medio estivo presente en todas as accións relacionadas coa visibilización da Ribeira Sacra a través de programas e estratexias turísticas no gran escaparate e encontro do sector profesional e institucional que anualmente ten lugar na capital madrileña.

Enoturismo, patrimonio, programas de aventura, guías turísticas, debate sobre a candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco, xornadas técnicas e moitos outros grandes e pequenos temas tiveron confluenza nestas intensas xornadas en IFEMA. Poderán ver e escoitar resumos das nosas entrevistas, conversas, presentacións e contacto cos/cas visitantes a través desta plataforma e das nosas redes sociais: Youtube, Instagram, Facebook e Twitter.

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra