Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 11 de marzo de 2020
A Feira do Viño de Chantada abriu, coma sempre, o almanaque
de citas co viño da última colleita na Ribeira Sacra. Foi unha fin de semana de
encontro multisectorial e festivo na que dende o turismo deica ao sector
gandeiro estiveron represetados e sacaron tallada e promoción, entre copas de
viño e racións de polbo que se serviron de xeito continuado durante dous días e
medio. A cata oficial, a popular, novas propostas como o túnel do viño,
ambientación musical, verbenas e sobre todo un crecente interese polo viño das
14 adegas da subzona que foron as verdadeiras protagonistas dun evento que tivo
varios guiños coa conmemoración do 8M.
Concello
Chantada
Saber máis