Randolfe, o pintor gandeiro que respira as cores do rural

Carballedo
25 Xuño 2019
Sector Primario
Cultura
Lorena Gallardo/ Humberto Novoa | 25 de xuño de 2019
Nestes días entrevistamos a José Randolfe Vilariño. O Randolfe é deses homes que non paran de estrebillar (argallar). O que se di unha persoa multifacética que, ademais, intenta facelo ben en todos os eidos. Gandeiro e artista, artista e gandeiro- entre moitas outras cousas- deses que madrugan "para ter máis tempo libre" e sobre todo para non deixar sen atender o mellor posible todas as suas ocupacións. Conversamos longo e tendido no chouso no que pacían as vacas na primavera de Carballedo e recoñecemos á persoa conversadora, analítica, retranqueira e colorida que se amosa tamén na súa extensa e recoñecida obra. Un defensor do rural e do humanismo que fala de artes plásticas e movementos pictóricos europeos ou da necesidade dun ordenamento do territorio. Contra o minifundismo mental e 'preocupado' polo despoboamento e porque o bosque que nos invade volva ser o lugar dos contos de medo.
Concello
Concello Carballedo
Carballedo Saber máis