Res Sacra Miser. Confrontar a #RibeiraSacra

Ribeira Sacra
14 Maio 2020
Outros Arquivos
Redacción | 14 de maio de 2020
'Res Sacra Miser' . Unha máxima do latín para unha nova peza das residencias documentais 'Confrontar a Ribeira Sacra' de Airoá Comunicación. Unha ollada externa que eleva a simpleza das pequenas escenas do cotiá, do triste ao grandioso... que relata realidades sobre o territorio. Unha viaxe de apenas 8 minutiños que completa as tres pezas documentais previas nunha experiencia na que dous creadores audiovisuais, Gonçalo Mota e Mirem Gurutze, achegan o seu obxectivo sobre un terreo que exploran, con e sen acción humana. Unha peza sonora e fotográfica en movemento sobre o que foi, o que puido ser e o que aínda late na #RibeiraSacra.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra