Retrato e poesía en itinerancia para levar a Xela Arias ás rúas da provincia.

Chantada
Monforte de Lemos
1 Maio 2021
Cultura
Redacción |1 de maio de 2021
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, na área de Cultura, inaugurou en Sarria a exposición 'Xela Arias. A poesía do retrato', unha colección de fotografías realizadas por Xulio Gil xunto aos textos poéticos da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021. A mostra estará ata o 20 de maio en Sarria, punto inicial dunha ruta que continuará en Lugo, do 21 de maio ao 21 de xuño; en Chantada, do 22 e xuño ao 8 de xullo; en Monforte, do 9 de xullo ao 2 de agosto; en Viveiro, do 3 ao 26 de agosto; e en Ribadeo, do 27 de agosto ao 27 de setembro.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis