Ribeira Sacra, firme candidata a Patrimonio Mundial da Unesco

Ribeira Sacra
5 Abril 2019
Patrimonio
Redacción | 5 de outubro de 2019
Este 5 de abril a candidatura da Ribera Sacra para ser declarada Patrimonio Mundial da Unesco fíxose oficial, unánime e firme por parte do órgano español encargado de valorar a proposta e ratificala. O Consello de Patrimonio Histórico reunido estes días e con visitas á zona anunciou en Santo Estevo de Ribas de Sil que a Ribeira Sacra será a proposta que levará España en 2020 ante o organismo internacional. O territorio, xa foi declarado Ben de Interese Cultural por parte da Xunta de Galicia como requisito previo a todos os trámites desta aposta a longo prazo. Agora queda a decisión final en 2021 fóra destas fronteiras, pero tamén moito traballo e debate dentro da nosa comunidade local para ser parte principal deste obxectivo.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra