Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 7 de xuño de 2019
Artes, natureza e viño foron de novo as claves do Sacra Festival. Expresión artística e integración na paisaxe repartida por pequenos recunchos da Ribeira do Miño, entre Chantada e O Saviñao, entre disciplinas múltiples e entre visitantes e autóctonos transcorreu o evento durante toda a fin de semana do 31 de maio ao 2 de xuño. Igrexa da Cova, adega Taranxela, antigas casas de Fenosa, adega Scintilla, cinema Palleiriso foron parte dos escenarios, e artistas como Baiuca, María Juncal ou Mercedes Peón foron parte dos espectáculos. Ao mesmo tempo, formación, coñecemento do medio e colaboración local para un encontro que bebe de precedentes como o Con Sentido e o Artes pola Integración, pero dando algúns pasos máis.
Concello
Chantada
Saber máis