'San Lourenzo ven a nós' relato da memoria arqueolóxica da parroquia de Cereixa

A Pobra do Brollón
5 Marzo 2021
Patrimonio
Memoria
Social
Redacción | 5 de marzo de 2021
As memorias dun castro galego, as memorias dunha parroquia do rural a través da etnografía arqueolóxica, do que hai detrás dun proxecto científico e comunitario co nome dun santo, están escritas dende Cereixa. Esta parroquia da Pobra do Brollón e o seu devir histórico son símbolo dun mundo en perigo de extinción e protagonistas do libro ‘San Lourenzo ven a nós’, a última obra do arqueólogo Xurso Ayán Vila.

Concello